Sabina dará un segundo concerto na Coruña

En cantautor volverá actuar na cidade o 23 de xullo, tras esgotarse as entradas en apenas catro horas para o día anterior
Sabina, en una imagen de archivo
photo_camera Sabina, en una imagen de archivo

O cantautor Joaquín Sabina dará un segundo concerto na Coruña o 23 de xullo tras esgotar as entradas do previsto para o 22 en apenas catro horas. 

Tras a presentación do seu novo disco, Lo Niego Todo, o artista logrou terminar a venda das 6.500 localidades dispoñibles para o Coliseum nunha única xornada, polo que agora anuncia a través da web oficial do álbum unha segunda data, para o día seguinte ao concerto inicial. 

As entradas saen á venda o luns 27 de marzo ás 10.00 horas cos mesmos prezos que as anteriores, entre 38 e 90 euros, e volve haber 6.500 entradas á venda 

Con esta segunda data son xa vinte e dúas as datas confirmadas na próxima xira do cantautor, con máis de 135.000 entradas vendidas para os primeiros espectáculos. 

As entradas para o concerto da Coruña do día 23 de xullo no Coliseum venderanse través da web Lo Niego todo, Jsabina, Ticketea, El Corte Inglés e o despacho de billetes da praza de Ourense, onde as últimas colas foron notables.

Comentarios