RTVE busca concursantes para o seu novo programa diario 'Te ha tocado'

O concurso combinará azar e coñecemento
'Te ha tocado' se ha estrenado con un gran éxito de audiencia en Francia. RTVE
photo_camera 'Te ha tocado' se ha estrenado con un gran éxito de audiencia en Francia. RTVE

Radio Televisión Española (RTVE) anunciou este martes que busca concursantes para novo programa diario, Te ha tocado, un concurso que se emitirá en La 1 e que combinará azar e coñecemento.

RTVE producirá en colaboración con Gestmusic este novo concurso televisivo, adaptación do formato orixinal creado por France Télévisions e estreado a finais do pasado agosto con gran éxito de audiencia en France 2.

Trinta concursantes diarios, moitos premios e un bote final son os ingredientes principais de Te ha tocado, un concurso no que se enfrontarán cada día a duelos entre eles. Os duelistas serán seleccionados ao azar, a través dun bombo onde cada bóla representa un concursante. 

Responderán a preguntas de cultura xeral –música, historia, xeografía ou cine– que porán a proba os seus coñecementos e axudarán a aprender algo novo en cada programa. 

O concursante que conteste correctamente máis preguntas poderá xogar no Billar xaponés, unha plataforma con distintas opcións de agasallos e diñeiro. Todos os premios que consigan iranse acumulando mentres dure a súa estancia no concurso.

Ademais, o concursante seguirá competindo no seguinte duelo contra outro dos concursantes da bancada, que baixará tras un novo sorteo. 

Logo de varios duelos, o último xogador en pé terá a oportunidade de gañar O Bote na Súper final, que comezará cunha cantidade de 1.000 euros o primeiro día e que aumentará 500 euros cada programa.

A única forma de irse con todos os premios acumulados é gañando ese bote. Para iso, terá que lanzar unha bóla no Billar xaponés e metela no hoyo. Se o consegue leva o Bote e os premios acumulados. Se non, volve á bancada como concursante con todos os seus premios á espera dunha nova oportunidade.

Comentarios