domingo. 09.05.2021 |
El tiempo
domingo. 09.05.2021
El tiempo

Rosa López desmente unha relación amorosa co fisterrán Anxo Pérez

Rosa López y Anxo Pérez
Rosa López y Anxo Pérez
A cantante revela en 'El Hormiguero' que o seu primeiro bico foi co seu compañeiro de 'Operación Triunfo' David Bustamante

Rosa López acudiu este mércores ao estudio de El Hormiguero xunto coa súa compañeira da Tu Cara Me Suena 5 Esther Arroyo para falar sobre o seu paso como concursante por un dos programas de entretemento máis exitosos da televisión. A cantante aproveitou, ademais, para aclarar a súa situación sentimental e deixou moi claro que ten moitas ganas de que o amor chame á súa porta.

Aínda que lle encantaría atopar o home que ocupase o seu corazón, a granadina está solteira a pesar dos últimos rumores. E é que á gañadora de Operación Triunfo 1 asignáronlle un noivo que ela se encargou de desmentir na entrevista: "Sacáronme noivo, pero non. Vin nun xornal que sacaron que saio con Anxo Pérez, pero non. É un grandísimo amigo".

Rosa: "Encántame un home como Anxo, que sexa intelixente e que teña sentido do humor"

Anxo Pérez é un escritor e cantante de Fisterra, máis coñecido por ser o autor do método de 8Belts, un sistema de aprendizaxe de idiomas que o fixo saltar á fama internacional. Aínda que Rosa de España confirmou que son só amigos, está claro que o tipo de home que lle gusta é do estilo do emprendedor galego.

"Gústame que me saquen con homes así de intelixentes, de guapos e de marabillosos. Oxalá...", dicía a cantante. "Encántame un home un pouco como Anxo, que sexa intelixente, que che aporte, que teña sentido do humor, que fale moito, que poida aprender del... Tamén me 'pilla' que sexan rápidos de mente e me fagan bobadas", desvelou a Pablo Motos.

O SEU PRIMEIRO BICO, CON BUSTAMANTE. Un home que tamén encaixaría no seu perfil é David Bustamante, xa que cando entrou a Operación Triunfo, como nunca antes estivera cun mozo e quería que o seu primeiro bico fora na Academia, foi o santanderino o que llo roubou: "Foi un bico de agarimo", aclarou Rosa, quitándolle importancia.

Rosa López desmente unha relación amorosa co fisterrán Anxo Pérez
comentarios