"Conde é o segundo moroso de España"

Revilla asegura que TVE vetou a súa aparición no programa de Osborne

O presidente cántabro desvelou que a cadea pública non permitiu a súa aparición no espazo, o segundo caso tras o de Pedro J.Ramírez e Agatha Ruiz de la Prada
Revilla, durante su intervención en 'Espejo Público'
photo_camera Revilla, durante su intervención en 'Espejo Público'

O presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, asegurou este mércores que TVE o vetou e cancelou a súa aparición no programa En tu casa o en la mía, presentado por Bertín Osborne, cando a entrevista xa estaba organizada.

Así o explicou o veterano político durante a súa intervención en Espejo Público, cando Susanna Griso preguntoulle a súa opinión acerca da aparición do nome do cantante nos papeis de Panamá. Revilla defendeu que, aínda que a situación de Osborne é aparentemente legal, non é lícita. "Eu nunca o faría", insistiu o presidente cántabro, que esta semana estivo a gravar a entrevista que si se emitirá en Mi casa es la tuya, o novo nome do programa do presentador madrileño tras o seu paso a Mediaset.

NOVO VETO. O novo espazo de Telecinco estrearase o próximo 27 de abril coa emisión da entrevista a Pedro J.Ramírez e Agatha Ruiz de la Prada que TVE decidiu non emitir e que supuxo a ruptura definitiva de Osborne coa cadea pública. O director de El Español asegurou entón que La 1 vetaba a súa aparición o programa, razón pola que adiantaron a entrevista de Bibiana Fernández, a pesar de que se gravou despois. "Se ti es un adversario dun Goberno que controla os medios de comunicación non te tratan como un adversario senón como un inimigo", explicou.




Comentarios