Rescatado en Australia un remeiro que intentaba cruzar o Índico espido

Un irlandés que pretendía cruzar o océano Índico a remo e espido foi rescatado este martes preto da costa de Australia despois de sufrir feridas por culpa da ondada, informaron os medios locais.

Keith Whelan, de 29 anos, fíxose un corte na cabeza mentres durmía despois de que unha onda xigante golpease a súa embarcación, indicou a emisora australiana ABC.

Un cargueiro xaponés recolleulle a uns 200 quilómetros da costa oeste australiana despois de que el mesmo detivese a hemorraxia e pedise axuda a través dun teléfono vía satélite.

Whelan, que sufriu o accidente tres días despois de iniciar a travesía que debía levalo ata as illas Mauricio, pretendía ser o máis novo en cruzar o Índico e o primeiro en facelo espido.

Segundo explicou na súa páxina web, o remeiro non tiña experiencia neste tipo de travesías e que o facçia a para recadar fondos para unha organización non gobernamental.

Comentarios