domingo. 09.05.2021 |
El tiempo
domingo. 09.05.2021
El tiempo

As redes indígnanse pola entrevista machista de Motos a 'Las chicas del cable'

Motos y las actrices de 'Las chicas del cable' durante la polémica entrevista
Motos y las actrices de 'Las chicas del cable' durante la polémica entrevista
As protagonistas da serie de Netflix, Blanca Suárez, Maggie Civantos, Nadia de Santiago e Ana Fernández, visitaron 'El Hormiguero'

A presentación de Las chicas del cable, a primeira serie orixinal de Netflix producida en España, a El Hormiguero. en Antena 3, foi do máis comentado nas redes sociais. 

Cun "agora mesmo Julio Iglesias tenme envexa a min", Pablo Motos arrincaba a entrevista ás actrices protagonistas da produción, Blanca Suárez, Maggie Civantos, Nadia de Santiago e Ana Fernández, ás que despois se uniu Ana María Polvorosa. A continuación o presentador lanzou unha das primeiras preguntas que máis críticas recibiron na rede: "Vós sabedes bailar reguetón?" ao que Civantos respondeu: "Eu creo que todo o mundo debe bailar reguetón, é bo para a saúde". "Agora mesmo as mozas divídense entre as que saben perrear e as que non saben perrear", proseguiu Motos para apuntar, de novo, a actriz sobre que "non é unha cuestión de xénero". Tras preguntarlle a Blanca Súarez se ela "perreaba", continuou a entrevista para conversar sobre o argumento da serie e a importancia de Netflix.

Sobre iso estaba a falar Suárez cando a interrompeu para preguntarlle polos pendentes que levaba. "Estaba a contarche moitas cousas pero estabas mirándome a miña orella", replicoulle.

A esta, engadíuselle outra pregunta polémica: 
 "Con que actor de Hollywood, Nadia, non che importaría facer unha película?", ao que especifica Motos, que sería para un filme que "ten escenas de cama".

Preguntas que desprenden un tufo machista, onde o corpo é relegado a un obxecto. Pablo Motos, eran necesarias?

As redes indígnanse pola entrevista machista de Motos a 'Las chicas...
comentarios