Promoción con retranca en pleno centro de Madrid: "¿Tanchungueiras?"

Un cartel enorme coa imaxe das pandereteiras ironiza sobre a pronuncia do nome do grupo
El cartel en el centro de Madrid. TWITTER
photo_camera El cartel en el centro de Madrid. TWITTER

As Tanxugueiras van con todo. E se non, que lle pregunten aos madrileños, que este luns viron como un cartel xigante do trío de pandereteiras entrou a formar parte do paisaxe urbana da capital.

Tirando de nbsp;&retranca e aproveitando os centos de virales de persoas que, ao longo de todo o mundo, intentaron en balde pronunciar correctamente o nome do grupo, as Tanxus e Spotify elixiron esta lema para promocionar a música das participantes no festival de Benidorm, que actualmente son as segundas favoritas para facerse co billete a Turín Tanchungueiras? Ata para os nomes máis chungos de pronunciar non hai fronteiras. 

O cartel está, ademais, nunha situación inmellorable, no cruzamento de Gran Vía coa rúa Alcalá, en pleno centro da capital. Un último empuxón para Aida, Sabela e Olaia, que aspiran a converterse no primeiro grupo en representar a España en Eurovisión cantando nunha lingua oficial no estado diferente ao castelán.

Comentarios