martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

El Progreso regala este sábado a 'Guía termal do Eixo Atlántico'

Exemplares da 'Guía termal do Eixo Atlántico', que se distribúe este sábado gratuitamente.
O libro, que se entrega este sábado co xornal, ten 180 páxinas e fai un percorrido por instalacións de Galicia e o norte de Portugal

O Progreso obsequia este sábado aos seus lectores coa Guía termal do Eixo Atlántico, que consta dunhas 180 páxinas que fan un percorrido pormenorizado por instalacións do sector en strong<> Galicia e o norte de Portugal.

O libro, cunha coidada edición por parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, baixo a dirección de strong<> Xoán Vázquez Mao, conta cun prólogo escrito conxuntamente por strong <>Ricardo Rio (alcalde de Braga e presidente do Eixo) e Lara Méndez (alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo), así como dun artigo a modo de introdución de strong <>Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e máximo responsable do Foro Termal Eixo Atlántico.

Esta publicación, que distribúen conxuntamente varios diarios lusos e galegos, dispón de numerosos elementos gráficos e infográficos de localidades das catro provincias galegas, con especial incidencia en Ourense, que é unha potencia dentro do termalismo. Así mesmo figuran os máis destacados balnearios do norte de Portugal.

Esta completa guía, que se poderá adquirir gratuitamente este sábado co xornal, detense tamén en catro municipios de strong <>Lugo: Guitiriz, Palas de Rei, Pantón e a capital lucense.

En todos os casos ofrece información xeral e de strong<> máxima utilidade para os lectores que estean interesados en gozar dunha forma de facer turismo de proximidade de alta calidade e seguridade neste tempo de pandemia.

Editada en galego, a Guía termal do Eixo Atlántico pon en valor "a riqueza mineiromedicinal" das provincias galegas e do norte do veciño país, que ademais contan con innumerables atractivos turísticos para facer máis grata a estancia.

El Progreso regala este sábado a 'Guía termal do Eixo Atlántico'