A poxa online de billetes de Iberia roza os 100.000 rexistrados poucas horas despois da súa estrea

Tras a primeira para viaxar a Nova York, cuxos billetes comezaron a un prezo de 50 euros, abríronse outras con destino a Miami, París ou Roma, todas con orixe en Madrid

A primeira poxa online lanzada por Iberia para a compra de billetes para voos e destinos concretos rozaba xa os 100.000 rexistrados na web subastas.iberia.com, poucas horas logo de estrearse este mércores (13.00 horas).

Tras a poxa para viaxar a Nova York, cuxos billetes comezaron a un prezo de 50 euros, abríronse outras tres con destino Miami, París e Roma, todas con orixe en Madrid.

Iberia informou de que puxo a poxa outros 4 destinos con orixe en Madrid, para voar a Boston, Río de Janeiro, Florencia e Praga.

As catro primeiras para viaxar a Nova York, Miami, París e Roma teñen unha duración de 24 horas, mentres que as catro restantes estarán activas durante 48 horas.

Comentarios