Un 'pornbot' converte a WhatsApp en 'trending topic' de Twitter en España

WhatsApp. EP
photo_camera WhatsApp. EP

A etiqueta #WhatsApp foi este mércores tendencia en Twitter, pero non porque houbese algún problema co servizo desta aplicación de mensaxería instantánea, senón que o culpable "podería ser" un pornbot, segundo informa a firma de seguridade informática Panda Security. Un pornbot é un robot ou software capaz de xerar miles de mensaxes con temática porno para enturbar as conversas en Twitter ou prexudicar unha empresa en concreto, explica nun comunicado.

Dentro da conversa #WhatsApp apareceron miles de mensaxes creadas por aparentes escorts que ofrecen os seus servizos e usaron ese hashtag para invitar os seus potenciais clientes a que contacten. Panda explica que "resultaría difícil crer" que miles de persoas que ofrecen este tipo de servizos se puxeron de acordo polo que analizaron a situación e detectaron que "o culpable dese trending topic podería ser un pornbot".

Casos coma este fan ver que "por medio deste tipo de ciberataques, os ciberdelincuentes son capaces de dirixir a atención de millóns de persoas cara a un concepto que potencialmente pode danar a imaxe dunha empresa ou impedir que un feito realmente relevante, pase desapercibido", sinala o xerente de operacións de consumo global de Panda Segurity, Hervé Lambert.

"Os ciberdelincuentes son capaces de dirixir a atención de millóns de persoas cara a un concepto que pode danar a imaxe dunha empresa", constata Panda Security

O obxectivo destes ataques con pornbots é xerar correo lixo para que as súas vítimas visiten un sitio porno incompleto que logo lles pedirá datos como a dirección de correo electrónico, idade, localización e, nalgunhas ocasións incluso un número de cartón de crédito, advirte o comunicado.

Outra posibilidade é que os ciberdelincuentes queiran innovar na súa forma de realizar ataques por denegación de servizo (DDoS polas súas siglas en inglés). Este tipo de ataque baséase en facer que miles ou millóns de dispositivos conectados a internet accedan todos á vez a un servidor para colapsalo.

Xa que logo, "poderiamos falar dun DDoS baseado nas redes sociais. Xa que ao ver que WhatsApp é trending topic, poderíase estender como a pólvora o feito de que a súa app podería estar caída e xerar un pico de tráfico tan elevado que puidese tombar os seus servidores e facer que o hashtag se fixese aínda máis viral", agrega Lambert. 

Comentarios