'Piquira' colga a súa primeira foto de familia

"Despois do partido, co Camp Nou xa baleiro, gozando da clasificación coa miña familia", indica o futbolista do Barcelona Gerard Piqué no pé da imaxe que acompaña a primeira "foto de familia", colgada onte á noite no seu Twitter, onde aparece xunto a Shakira e o pequeno Milan.

Milan Piqué Mebarack aparece na foto durmido, en brazos da cantante colombiana, lucindo unha minicamiseta do Barça, pantalóns curtos e uns calcetíns vermellos, mentres o seu pai abraza pola cintura a Shakira e protexe coa outra man ao seu bebé.

Milan Piqué Mebarack naceu na clínica Teknon de Barcelona o pasado martes 22 de xaneiro, tras un parto por cesárea programado, e pesou case tres quilos.

Piqué colgou en Twitter unha foto das pernas do seu bebé cunhas zapatillas deportivas poucos días logo do seu nacemento e outra, días máis tarde, na que aparecía co seu pequeno Milan en brazos.

Comentarios