Pili, 'Cuéntame'...

Mentres todos falan das contas opacas de Arias e Duato, a 'perruqueira' do barrio de San Genaro opta pola transparencia na portada de 'Interviú'

La portada de InterviúEn plena polémica pola presunta fraude cometida polo despacho de avogados de Imanol Arias e Ana Duato, a actriz Lluvia Rojo, que interpreta a Pili en Cuéntame, é esta semana a protagonista da portada de Interviú. Na entrevista que acompaña á sensual sesión fotográfica, a actriz que encarna a perruqueira máis popular do ficticio barrio de San Genaro confésase como activista animalista. "Seguimos á cola en canto a dereitos. É o país onde máis animais se abandonan, onde se aforcan cans cando xa non serven para a caza, onde hai corridas de touros, un espectáculo terrible que pertence a outra época e a outra mentalidade. Hai moi pouco que se cambiou a lei de protección animal para que maltratar animais sexa un delito. Antes só era unha falta. É indignante", asegura.

A piques de cumprir os 40, comenta, tamén, que segue coas mesmas ganas de comerse o mundo "que aos 25", pero con "madurez e serenidade".

Comentarios