Pfizer avanza que podería ter lista en marzo unha vacina adaptada a ómicron

"A esperanza é que consigamos unha protección moito mellor, sobre todo contra as infeccións, porque a protección contra as hospitalizacións e a enfermidade grave é razoable agora mesmo", explica Bourla
Un hombre pasa junto al logotipo de la multinacional farmacéutica Pfizer. EUROPA PRESS
photo_camera Un hombre pasa junto al logotipo de la multinacional farmacéutica Pfizer. EUROPA PRESS

O conselleiro delegado de Pfizer, Albert Bourla, avanzou este luns que a súa compañía podería ter lista en marzo unha vacina contra o covid-19 adaptada á variante ómicron, unha vez que xa comezou a fabricar as doses.  "Esta vacina estará lista en marzo. Xa estamos a empezar a fabricar algunhas destas unidades", anunciou Bourla en declaracións á televisión estadounidense CNBC. 

O máximo dirixente de Pfizer detallou que esta futura vacina, que tamén se dirixiría ás outras variantes do virus que están a circular, é unha petición dalgúns países que "queren que estea lista canto antes". "A esperanza é que consigamos algo que ofreza unha protección moito mellor, sobre todo contra as infeccións, porque a protección contra as hospitalizacións e a enfermidade grave é razoable agora mesmo, coas vacinas actuais, sempre que se aplique a terceira dose", resaltou. 

Bourla recoñeceu que non está claro se será necesaria unha cuarta dose, pero anunciou que Pfizer realizará experimentos para determinar se é necesaria. 

Pola súa banda, o director xeneral de Moderna, Stéphane Bancel, tamén recordou que a súa compañía está a traballar nunha dose de reforzo que podería chegar no outono e que entrará pronto en ensaios clínicos. "Estamos a discutir con líderes de saúde pública de todo o mundo para decidir cal cremos que é a mellor estratexia para o posible reforzo para o outono de 2022. Cremos que conterá ómicron", comentou Bancel tamén á CNBC. 

Comentarios