Pelé, xa en casa

O exxogador de fútbol brasileiro sufriu unha inflamación na próstata e saíu do hospital evitando á prensa
El exfutbolista Edson Arantes do Nascimento 'Pelé' y su pareja
photo_camera El exfutbolista Edson Arantes do Nascimento 'Pelé' y su pareja

O exfutbolista Edson Arantes do Nascimento Pelé recibiu este domingo alta médica e sen deixarse ver polos xornalistas que o esperaban deixou o hospital de Sao Paulo no que estaba internado desde o último martes e onde foi operado dunha hiperplasia da próstata.

Nun comunicado de só dúas liñas o Hospital Israelita Albert Einstein informou de que o paciente "recibiu alta médica" e "saíu ás 21.30 GMT.

Decenas de xornalistas nacionais e estranxeiros e moitos fanáticos do chamado Atleta do Século esperaron durante varias horas a saída do ídolo, pero Pelé abandonou o hospital, situado no elegante barrio de Morumbí, sen ser visto.

Un comunicado do venres aclaraba que a enfermidade de Pelé é "benigna" e "sen a incidencia de tumores", tras unha operación "sen complicacións e cunha boa recuperación".

O lendario exfutbolista, de 74 anos, foi sometido o martes a unha operación de "resección (extracción) transuretral da próstata", unha cirurxía realizada para corrixir a hiperplasia, doenza que provoca retención de ouriños.

Pelé, quen desde a súa época como futbolista só ten un ril, permaneceu 16 días internado a finais de 2014 por unha infección urinaria que lle xurdiu logo de ser operado de cálculos renais.

Comentarios