lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

Pelé e Maradona fan as paces cun abrazo

No encontro, o arxentino criticou a Leo Messi porque aínda que é "boa persoa" non ten "personalidade para ser líder"

París, a cidade do amor, foi o escenario da reconciliación de dúas dos máis grandes futbolistas da historia, Pelé e Maradona. No marco dun acto publicitario, ambos se deron un abrazo durante o que o arxentino lle dixo ao brasileiro: "Non máis liortas". "Quero agradecer exclusivamente a Pelé por estar á beira dos xogadores. Nós, co corazón, sabemos quen é e quen será. Necesitamos unha figura como el", asegurou Maradona. Como resposta, O Rei dixo: "Quero ter unha mensaxe de paz e de tranquilidade. Grazas ao meu amigo Maradona". 

A cita deixou outra anécdota, xa que cando pensaban que ninguén os escoitaba, Pelé preguntoulle a Maradona se coñecía a Messi. Como poden ver no vídeo que lles ofrecemos a continuación, o arxentino comenta que o barcelonista é boa persoa pero que carece "de personalidade como para ser un líder". 

Pelé e Maradona fan as paces cun abrazo
comentarios