Pedro Duque sae en defensa de Rober Bodegas

"Paréceme aberrante ameazar a cómicos por facer un par de bromas", escribiu o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades en Twitter

Pedro Duque. MIGUEL ÁNGEL MOLINA (EFE)
photo_camera Pedro Duque. MIGUEL ÁNGEL MOLINA (EFE)

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, asegurou este martes que ve "aberrante" que se ameace a cómicos por facer "un par de bromas", despois de que o humorista Rober Bodegas tivese que retirar un monólogo no que fala sobre a comunidade xitana por recibir "400 ameazas de morte". 

A través dun apuntamento na súa conta de Twitter, recollido por Europa Press, Duque lamentou a reacción ao vídeo do cómico de Pantomima Full e compartiu un par de vídeos nos que se fai humor sobre a súa figura como astronauta. 

Bodegas explicou este luns nun comunicado que, a raíz do vídeo da súa actuación, recibiu ameazas e incluso houbo "batidas" para "buscar vinganza, ademais dos miles de insultos". Por iso, o cómico pediu desculpas a todas "as persoas que poidan sentirse ofendidas". 

"Paréceme aberrante ameazar a cómicos por facer un par de bromas" escribiu o ministro, á vez que recordou dous fragmentos dos programas Muchachada Nui e Celebrities nos que se trata a figura de Duque antes da súa etapa como ministro. 
 

Comentarios