Paul McCartney podería reclamar os dereitos das cancións dos Beatles

O compositor británico solicitaría o copyright de 32 obras comprendidas entre 1962 e 1964, do que podería ser dono a partir de 2018
Foto de arhivo de Paul McCartney
photo_camera Foto de arhivo de Paul McCartney

O compositor británico Paul McCartney podería estar a meditar reclamar os dereitos das cancións dos Beattles en EE UU. 

O autor de gran parte dos éxitos do grupo xunto a Lennon beneficiaríase da lei estadounidense de copyright, pola cal os dereitos das obras anteriores a 1968 poden ser reclamadas polo seu compositor pasados 56 anos da súa publicación.

McCartney podería solicitar o copyright sobre 32 obras publicadas entre 1962 e 1964, polo que non podería recuperar os dereitos das obras en Estados Unidos ata 2018. No resto do mundo, os dereitos de autor pertencen á discográfica Sony despois de que os herdeiros de Michael Jackson vendésenllos tras o seu falecemento.

Comentarios