Pablo Motos, Zahera e o vídeo con Feijóo: "Chamáronme a min, que voto ao BNG..."

O actor galego acudiu a 'El Hormiguero' a promocionar a segunda tempada de 'La Unidad'
Feijóo e Zahera, no vídeo de felicitación de Nadal. TWITTER
photo_camera Feijóo e Zahera, en el vídeo de felicitación de Navidad. TWITTER

O actor galego Luís Zahera visitou este mércores o estudio de El Hormiguero xunto a Nathalie Poza para promocionar a segunda tempada de La Unidad, que Movistar+ estreará o próximo 18 de marzo. 

Pablo Motos, nun momento do programa, non dubidou en preguntarlle ao santiagués polo seu innegable parecido con Alberto Núñez Feijóo e en recuperar o vídeo de felicitación do Nadal que ambos rodaron xuntos para recibir o ano 2020.

"Era cando empezaba a mega crispación absoluta contra a política, e a min, que voto BNG, chamoume a contorna de Núñez Feijóo para facer unha felicitación de Nadal e fíxeno con boa intención”, explicou Zahera, que facía no vídeo de irmán do aínda presidente da Xunta e candidato a dirixir o PP.

O intérprete tamén recordou que o "queimaron moito" en redes por prestarse para ese traballo, ante o que respondeu que non fixo de Casado "porque non era galego". 

O parecido entre ambos tamén foi explotado outras veces en televisión, como fixo no seu día o programa Land Rober.

Zahera tamén lle contou a Pablo Motos que traballou durante 20 anos en Luar e desvelou unha anécdota que lle pasou con Rocío Jurado: tivo que axudala a cruzar unha porta polos "traxes enormes" que lucía "a máis grande".