Os candidatos que non puideron ser

O Pequeno Nicolás, a aliniación do Dépor ou o Xabarín foron algunhas apostas de electorado que acabaron contando como votos nulos
Papeleta del Pequeño Nicolás
photo_camera Papeleta del Pequeño Nicolás

En todas eleccións hai dous tipos de candidatos: os que se contabilizan no escrutinio e os que, a pesar de recibir o apoio dalgún que outro cidadán, quedan censurados pola opacidade do chamado "voto nulo".

Descoñécese cantos candidatos fóra de serie quedáronse sen representación só por non figurar en ningunha lista ou por ser directamente personaxes de ficción. No entanto, o que quedou ben representada foi a creatividade dos galegos e españois á hora de exercer a democracia como modo de expresión.

A euforia da permanencia levou a un afeccionado do Deportivo a propor a aliniación dos branquiazuis como lista para gobernar o Concello de Culleredo. En cambio, en Zas, o Pequeno Nicolás, conseguiu coar unha papeleta na que se podía ler "eu voto ao pequeno Nicolás para ser alcalde de Zas", aínda que este non foi o único infiltrado para o escrutinio, xa que na mesma localidade tamén atopou representación o mítico Xabarín da TVG.

Houbo listas enteiras conformadas por persoanjes de Juego de tronos, Bola do Dragón ou A guerra das galaxias. Foi o caso da candidatura do Eje del Mal, presentada en Marín, encabezada por Darth Vader, O Joker e Lex Luthor, aínda que incluía como suplentes a personaxes tan reais como Mariano Rajoy, Pedro Sánchez ou Rita Barberá.

Outro que saíu dunha urna en Madrid a sido Kim Jong-un, quen ao parecer ocupaba os 15 nomes da lista. Debemos estar agradecidos que os votos ao líder coreano non conten, porque se gañase, ata os votos serios serían nulos.

(Papeleta do Voto a Xabarín. TWITTER)

Comentarios