As ondas animan aos surfeiros e superan paseos marítimos

A flota artesanal faenou na súa totalidade pero afastada varias millas da costa
Surfistas, en la costa de A Mariña
photo_camera Surfistas, en la costa de A Mariña

O mar de fondo aliouse coas mareas vivas para que algunhas ondas conseguisen pasar, na preamar da tarde, paseos como o de Covas ou o que une as praias da Caosa e Cubelas, en San Cibrao. A situación non causou incidencias reseñables salvo algunha salpicadura aos viandantes descoidados. O mar de fondo chegou á comarca de dirección oeste noroeste polo que as ondas non foron demasiado grandes pero si o suficiente para que os surfeiros aproveitasen para practicar o seu deporto favorito, con rompientes que nalgunhas praias superaban os dous metros de altura.

Para as embarcacións pesqueiras a situación foi tranquila, porque o vento do suroeste mantívose sen apenas refachos fortes e as ondas non alcanzaron a intensidade que en principio indicaban os prognósticos. O patrón maior de Burela, Basilio Otero, indicou que a flota artesanal traballou con normalidade pero a unha distancia prudencial da costa, dunhas 4 a 5 millas, para evitar problemas

Para a xornada de hoxe Aemet volve decretar Alerta Amarela no mar, con ondas de 4-5 metros de dirección oeste-noroeste, unha situación que finalizará ao mediodía. A Axencia Meteorolóxica tamén alerta dunha situación de perigo, a partir das oito da tarde de hoxe, por refachos de vento de dirección sur, que poderían superar os 80 quilómetros por hora e que se prolongarán ata a madrugada do xoves.

Comentarios