El Progreso reafirma o seu liderado en Lugo

Os 94.000 lectores diarios sitúano como terceiro na preferencia dos galegos
Un joven, ante ejemplares de El Progreso
photo_camera Un joven, ante ejemplares de El Progreso

Cunha audiencia de 94.000 lectores diarios, El Progreso reafírmase como primeiro xornal na opción preferente dos lectores de prensa da provincia de Lugo, segundo os datos do Estudio General de Medios (EGM), correspondentes ao período de febreiro a novembro, dados a coñecer este xoves. Con estes datos, El Progreso mantense como terceiro xornal de Galicia por número de lectores.

Diario de Pontevedra, con 40.000 lectores de media, mellora a súa audiencia sobre a onda anterior do EGM nun 3,08%.

O 97,8% dos lectores de El Progreso residen na provincia de Lugo, o 1,9% na da Coruña e o 0,4% na de Ourense, segundo EGM. Na capital lucense, El Progreso concentra o 41% do total dos seus lectores e ve, con esta cifra, reforzada a súa posición de liderado fronte ao seguinte. Outro dato significativo, en base á distribución da poboación en Lugo, é que o 20,2% dos lectores residen en núcleos de entre dez mil e cincuenta mil habitantes. Por grupos de idade, o 40,9% da audiencia de El Progreso ten menos de 44 anos e no tramo de 45 a 55 anos está o 24,5% dos lectores. O 54% son homes e o 46% da audiencia son mulleres. O 92 % da audiencia declara que entende e fala o galego, que é o idioma familiar preferente para o 43,9%. O castelán éo para o 24,2%. Un 8% asegura que entende pero non fala o idioma autonómico e só o 0,1% non o entende.

O deportivo Marca continúa como primeiro xornal por audiencia en España, e El País como primeiro de información xeral polo número de lectores. Á cabeceira de Prisa séguena por número de lectores El Mundo e La Vanguardia. El Progreso (94.000) é o terceiro xornal de Galicia na preferencia de lectores, tras La Voz e Faro. Ségueno El País, La Región, El Correo Gallego e El Mundo. Marca é tamén entre os lectores galegos de prensa deportiva o xornal con máis lectores.

Comentarios