domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Unha nova campaña de ciberestafa simula ser Amancio Ortega para solicitar datos

Foto de arquivo, AEP
Foto de arquivo, AEP

A documentación empregábase para abrir contas correntes baixo o nome dos afectados

A Garda Civil alerta dunha segunda onda de correos electrónicos enviados fraudulentamente coma se o remitente fose fundador de Inditex, Amancio Ortega, nos que presenta unha campaña de doazóns.

O sarxento Alberto González, do Equipo Telemático da Garda Civil da Coruña, explica a Efe este segundo envío masivo de correos electrónicos que xa se utilizaron fai uns seis meses cunha campaña similar, na que se ofrecía axuda.

Neste caso, parecido á iniciativa do fundador de Facebook, o correo preséntase en inglés coma se fosen Amancio Ortega e a súa esposa Rosalía Mera, xa falecida, e remite a unha dirección de correo electrónico dun suposto reverendo.
A Garda Civil explica que no correo non se piden cantidades económicas e que para poder optar á petición hai que unirse á campaña de doazón a través da dirección do reverendo.

Os fundadores de Facebook e Inditex, os escollidos para a ciberestafa

"Aí está a estafa", advirte González, pois picando neste correo electrónico solicítanse datos persoais que posteriormente poden ser utilizados para abrir contas correntes ou créditos bancarios a nome desas persoas.

O axente subliña que esta campaña segue un patrón de "phishing clásico, agora é Amancio Ortega e despois as devolucións de Facenda".

Trátase de paquetes de datos que se compran a un prezo baixo e envían mil correos que poden xerar un beneficio, o que converte a campaña en rendible.

Unha nova campaña de ciberestafa simula ser Amancio Ortega para...
Comentarios