Multan un australiano por ensinar o cu á raíña Isabel II

Un australiano foi condenado hoxe a pagar unha multa de 750 dólares locais (800 dólares ou 608 euros) por ensinar o cu á raíña Isabel II de Inglaterra e ao seu marido, o príncipe Felipe, durante a visita dos monarcas a Australia o ano pasado.

Liam Warriner, un camareiro de 22 anos de Sídney, baixou os pantalóns e cunha bandeira australiana entre as nádegas correu uns cincuenta metros á beira da caravana de vehículos da raíña durante a súa visita en Brisbane, no nordés do país.

Warriner declarouse culpable do cargo de alteración da orde pública ante o xuíz pero dixo que non se arrepinte da súa acción e que volvería facelo ante calquera outro mandatario.

"Aos elitistas engreídos, con moito gusto mostraríalles o meu traseiro e diríalles que é o que penso deles ", dixo ao saír do tribunal Warriner, que se mostrou "orgulloso de ser antimonárquico".

O fiscal pedira 1.000 dólares australianos de multa pola acción de Warriner, quen declarara Policía que non lle gustaban nin a raíña nin os grupos elitistas e que a súa fora unha manifestación de protesta.

O apoio monarquía, principalmente entre os mozos, é moi forte en Australia, onde en 1999 celebrouse un referendo no que o 54,87 % rexeitou unha proposta para adoptar o sistema republicano.

Comentarios