Unha muller vacinada con AstraZeneca, en coma inducido por un trombo en Vitoria

Trátase dunha traballadora do servizo de axuda a domicilio de Álava
El hospital de Santiago de Vitoria. GOOGLE MAPS
photo_camera O hospital de Santiago de Vitoria. GOOGLE MAPS

Unha muller vacinada con AstraZeneca en Álava atópase en coma inducido tras sufrir un trombo na cabeza, no primeiro caso destas características detectado en Euskadi. O Departamento de Saúde confirmou este mércores que o pasado fin de semana notificou unha "sospeita dun acontecemento adverso grave asociado á vacinación con AstraZeneca" á rede de farmacovixilancia e que será a Axencia Española do Medicamento a que investigará esa sospeita.

Saúde non deu máis detalles sobre a situación desta persoa, que, segundo publica este mércores El Correo, é unha muller de 57 anos, traballadora do servizo de Axuda a Domicilio de Álava, que tras recibir a primeira dose da vacina de AstraZeneca contra a covid sufriu un trombo na cabeza e está ingresada en coma inducido na uci do Hospital Santiago de Vitoria.

Comentarios