Morre Roger Smith, actor de '77 Sunset Strip'

Foi o mítico detective Jeff Spencer. Faleceu aos 84 anos en Sherman Oaks. Retirouse nos oitenta, cando lle diagnosticaron unha miastenia gravis
Roger Smith
photo_camera Roger Smith

Roger Smith, protagonista da mítica 77 Sunset Strip, faleceu aos 84 anos en Sherman Oaks. Smith interpretou na recoñecida ficción ao detective dos Ánxeles Jeff Spencer entre os anos 1958 a 1963. Tras o seu periplo televisivo, Smith puxo en marcha con Allan Carr unha produtora e ambos escribiron os guións de filmes como A primeira vez, protagonizada por Jacqueline Bisset ou CC & Company, entre outras.

O actor retirouse da esfera pública nos anos oitenta, cando lle foi diagnosticado unha miastenia gravis, unha lenta e complicada enfermidade.

Comentarios