Morre a muller máis lonxeva do mundo

Emma Morano recibiu durante o seu último aniversario as felicitacións do primeiro ministro Sergio Mattarella, e do papa Francisco
Emma Morano, la que era la mujer más vieja del mundo con 117 años
photo_camera Emma Morano, la que era la mujer más vieja del mundo con 117 años

Emma Martina Luigia Morano naceu o 29 de novembro de 1899 no municipio piamontés de Civiasco (Italia), no seo dunha familia de persoas lonxevas, xa que a súa nai e a súa tía superaron os 90 anos, e a súa irmá Ángela chegou aos 100. Converteuse en maio do ano pasado —con 116— na muller máis anciá do mundo.

Na actualidade vivía en Verbania acompañada por unha coidadora que lle axudaba. Cando se lle preguntaba polo seu segredo para chegar a esta idade, afirmaba que residía en evitar os medicamentos, tomar un pouco de 'grappa', unha augardente típico en Italia, e sobre todo comer tres ovos crus ao día, entre outras cousas. 


Emma Morano era a única persoa no mundo que vivira tres séculos

En 2011 foi distinguida como Dama da Orde do Mérito da República italiana, e con motivo do seu último aniversario, recibiu a felicitación do actual xefe do Estado italiano, e do papa Francisco. "Tivo unha vida extraordinaria. Recordaremos sempre a forza de ir cara adiante, a súa actitude combativa ante as adversidades", explicou a alcaldesa de Verbania, Silvia Marchionini.

Marchionini recordou que Morano tivo o valor fai 70 anos de separarse do seu marido que a maltrataba, xusto despois de que o fillo que tiveran morrese aos seis meses de nacer, mentres ela volvía de traballar. Segundo as súas netas, —as únicas da súa familia con vida e que roldan os 70 anos—, Morano, que coñeceu a 11 papas e 12 presidentes da República, morreu tranquilamente na súa cama mentres durmía.

Comentarios