Morre Santiago Dexeus, xinecólogo pioneiro na fecundación in vitro en España

Fundou xunto ao seu irmán o o Institut Universitari Dexeus
Santiago Dexeus, en 2008. SANTI OTERO (Efe)
photo_camera Santiago Dexeus, en 2008. SANTI OTERO (Efe)

O xinecólogo barcelonés Santiago Dexeus i Trias de Bes, pioneiro nas técnicas de reprodución asistida en España, faleceu este venres aos 88 anos, informou a clínica ginecológica Women's, que fundou xunto a Damià Dexeus. 

Dexeus naceu o 22 de xullo de 1935, licenciouse na Universitat de Barcelona, foi director do Departamento de Oncoloxía do Institut da Materinat de Barcelona e en 1973 fundou xunto ao seu irmán Josep Maria o Institut Universitari Dexeus, do que foi director ata 2004. 

Durante a súa traxectoria recibiu diversas distincións, entre as que figuran a Medalla de Ouro ao mérito ao traballo do Goberno, a Creu de Sant Jordi e a Medalla President Macià.