Morre o músico neonazi que non se vacinou por considerar a pandemia "un complot xudeu"

Mervyn Shields foi membro dunha das bandas máis importantes desta ideoloxía
Mervyn Shields.TWITTER
photo_camera Mervyn Shields.TWITTER

O músico irlandes Mervyn Shields, baixista da banda nazi Skrewdriver, faleceu por covid, aos 59 anos, tras declinar vacinarse ao considerar a pandemia un "complot xudeu".

A morte de Shields desencadeou un gran número de mensaxes de condolencias de neonazis de toda Europa, dado que a Skrewdriver está considerada como unha das bandas máis importantes deste movemento.

A súa música caracterizábase polos seus temas racistas, a promoción dunha axenda supremacista e por cantar contra a Ira e a reunificación de Irlanda como un estado totalmente independente do Reino Unido.

Comentarios