Mónica Naranjo, sobre 'OT': "É moi rancio; un coñazo"

A cantante mostrouse moi crítica co talent do que formou parte a pasada edición

Mónica Naranjo. INSTAGRAM
photo_camera Mónica Naranjo. INSTAGRAM

Mónica Naranjo é unha muller sen pelos na lingua e as súas últimas declaracións sobre Operación Triunfo 2018 así o volveron a confirmar.

A cantante, que formou parte do xurado do talent durante a edición pasada, mostrouse moi crítica co concurso durante a presentación do último disco de Camilo Sesto. "OT é moi rancio. É un formato moi rancio e ninguén está contento nunca", aseguraba Naranjo a revista Lecturas. Acto seguido engadía: "É un coñazo".

"Hai unha cousa que é impepinable, se ti queres ser artista tes que prepararte, un traballo como este necesita disciplina e sacrificio, que os rapaces descoñecen. Cando intentas implicar iso nunha valoración, a xente non o entende. Pensan que ser artista é ser unha celebridade e ir a unha alfombra vermella, e é moi complicado", sentenciaba. 

A artista admite que xa non ve Operación Triunfo e descarta volver formar do seu xurado.

Comentarios