Miley Cyrus cabe nunha maleta

A estrela do pop Miley Cyrus, non é unha pasaxeira normal e corrente das que pase a aduana co pasaporte na man, claro que non. Ela prefire pasar inadvertida no dobre fondo -cal sustancia prohibida- na equipaxe de man do cantante de LMFAO , Redfoo.

Ou polo menos así se escenifica no vídeo promocional para a próxima gala que a canle MTV dará en Amsterdam o próximo 10 de novembro.

No vídeo vese ao cantante pasando o control de equipaxe nun aeroporto no que o garda de quenda decide rexistrarlle a maleta, na que atopa, todo tipo de escentricidades e artigos charramangueiros, que van desde uns calzóns de leopardo a unha cría de crocodilo.

Finalmente, cando o garda chega ao fondo da cuestión e pregúntalle ao excéntrico Redfoo, se leva algo máis, a maleta parece volver abrirse e alí está Cyrus, recollida en posición fetal e encantada da vida.



Comentarios