Mila Ximénez, sedada, en casa e rodeada dos seus

Mila Ximénez. EP
photo_camera Mila Ximénez, nunha imaxe promocional de Telecinco.

Mila Ximénez atópase sedada no seu fogar rodeada da súa familia. Así o explica o diario La Razón que sinala que con enorme enteireza e dado que o tratamento ao que se sometía non estaba a ter resultados, a colaboradora de em <>Sálvame decidira pasar estes últimos días no seu domicilio xunto aos seus, xa que a súa situación "parece irreversible".

Segundo o citado diario, "a súa familia, a súa filla Alba e os seus tres irmáns, Nani, Conchi e Manolo, ademais dos seus cuñados, deixárono todo para intalarse con ela en Madrid". Ao parecer, tamén algúns dos seus amigos máis próximos atópanse xunto a ela. O seu irmán Manolo asegurou que Mila está desbordada por tantas mostras de agarimo.

Comentarios