viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Marta Rivera, sobre 'El juego del calamar': "Os nenos non poden ver todo"

Marta Rivera. EP
Marta Rivera. EP
A conselleira de Cultura de Madrid asegura que a serie está "correctamente rotulada" e que é un produto "excelente"

A conselleira de Cultura, Turismo e Deporte da Comunidade de Madrid, Marta Rivera da Cruz, manifestou que, ao seu parecer, a serie El juego del calamar, un produto audiovisual "excelente" pero recordou que non é apto para nenos. 

Na súa visita ao centro de produción de Netflix en España, a lucense incidiu en que é unha serie que está "correctamente rotulada, onde se aclara que é unha serie para maiores de 16 anos". "Aí entra loxicamente o control das familias. Os nenos non poden ver todo", indicou. 

As súas declaracións chegan despois de que o equipo docente dun colexio de San Sebastián de los Reyes, unha circular a todas as familias advertindo de que detectaron que estudantes estarían replicando "actitudes e xogos" da macabra serie. 

Marta Rivera, sobre 'El juego del calamar': "Os nenos non poden ver...
comentarios