Marián Ávila, a primeira modelo española con síndrome de Down que desfilará en Nova York

A moza presentará a nova colección de Talisha White na Semana da Moda

Marián Ávila. INSTAGRAM
photo_camera Marián Ávila. INSTAGRAM

Marián Ávila cumprirá uns dos seus soños o próximo oito de setembro. Esta modelo española, de 20 anos de idade, converterase na primeira maniquí con síndrome de Down en desfilar na Semana da Moda de Nova York, unha das pasarelas máis prestixiosas do mundo.

Ávila pisará as táboas neoiorquinas para presentar a nova colección da deseñadora Talisha White.

A modelo debutou nas pasarelas en marzo de 2016, nun evento benéfico no Hotel Ritz de Madrid. Desde entón, desfilou para Lina Lavin na Fashion Week de Sevilla e participou nunha campaña del Corte Inglés, entre outros proxectos.


 

Comentarios