María José Campanario está ingresada nun centro psiquiátrico de Málaga

A muller de Jesulín de Ubrique entrou o pasado luns nun centro de Málaga con forte depresión, entre outros problemas

María José Campanario foi ingresada o luns nun centro psiquiátrico de Málaga, segundo o programa de televisión Sálvame. Trataríase en concreto do Hospital Psiquiátrico Clínica El Seranil. A pesar de que se descoñecen os termos do seu ingreso, sábese que sofre unha forte depresión, así como fibromialxia e lupus.

Nos últimos meses, Campanario pasou un auténtico calvario, con idas e saídas de hospitais e con varias causas xudiciais, entre elas unha demanda a María Patiño.

Comentarios