domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Almeida suspende un concerto de Def con Dos en Madrid

César Montaña Lehmann, musicalmente César Strawberry
César Montaña Lehmann, musicalmente César Strawberry

Tocaban o venres en Tetuán pero o Concello cancélao pola condena de César Strawberry por enaltecemento do terrorismo

O Concello de Madrid decidiu cancelar o concerto do grupo vigués Def con Dos previsto para este venres, 5 de xullo, en Tetuán dentro da programación das festas deste distrito, unha actuación que, recalca desde o consistorio, foi contratada polo goberno de Manuela Carmena. 

O goberno de José Luís Martínez Almeida considera que "non é digno dunha institución que representa a todos os madrileños promover a actuación dun grupo cuxo cantante, César Augusto Montaña, foi condenado polo Tribunal Supremo por enaltecemento do terrorismo".

En concreto, César Strawberry foi condenado na operación Araña por varios tuits sobre José Antonio Ortega Lara e o Grapo. 

A sentenza, segundo o comunicado difundido este xoves polo Concello de Madrid, asegura que as manifestacións do cantante de Def con Dos en Twitter "alimentan o discurso do odio, lexitiman o terrorismo como fórmula de solución dos conflitos sociais e, o que é máis importante, obrigan á vítima ao recordo da lacerante vivencia da ameaza, o secuestro ou o asasinato dun familiar próximo".

Almeida suspende un concerto de Def con Dos en Madrid
Comentarios