Lugo pide á Xunta que avalíe a necesidade de crear un colexio no centro

O Consello Escolar Municipal remitiu dous escritos ao goberno autonómico conforme á necesidade que sofre a urbe
Aula de un colegio lucense
photo_camera Aula de un colegio lucense

O concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, remitiu dous escritos á Xunta en cumprimento dos acordos adoptados polo Consello Escolar Municipal de Lugo.

Segundo informou, nun deles pídeselle á administración autonómica que avalíe as necesidades de creación dun centro escolar público no termo municipal lucense situado na zona entre murallas ou lindeiras.

No outro escrito, pídese á Xunta avaliar os requisitos legais establecidos, dentro da normativa referente a instalacións e seguridade que afecta os centros concertados na comunidade, para o CPR Plurilingüe A Milagrosa.

Tamén se insta á emisión dun informe ao Consello relativo ao cumprimento de tales requisitos.

Comentarios