O xornalista Daniel Anido (Lugo, 1960) é o novo director de informativos da Cadena SER, á que se incorpora tras desempeñar diferentes funcións directivas na área internacional de Prisa Radio, con sede en Miami.
Daniel Anido é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco e desde fai máis de 30 anos ocupa postos de responsabilidade de Prisa Radio.
Durante os últimos sete anos desenvolveu o seu traballo na área internacional e anteriormente foi director da cadea (200-2011), director dos servizos informativos e director rexional das emisoras no País Vasco.
Daniel Anido foi galardoado con diversos premios como o José Couso á liberdade de expresión, do Colexio de Xornalistas de Galicia, e, durante a súa etapa como director de informativos foi recoñecido con dous Premios Ondas, en 2003 e en 2004.
Anido substitúe a José Manuel Romero, que pasará a desempeñar labores informativos en medios de présa.