As rutas xacobeas do norte xa son patrimonio da humanidade tamén

O comité da Unesco acepta na súa reunión de Bonn que os itinerarios primitivo, da costa, vasco-rioxano e de Liébana teñan a mesma distinción que o Camiño Francés obtivo en 1993
Flecha jacobea en Vilabade (Castroverde), en el Camino Primitivo
photo_camera Flecha jacobea en Vilabade (Castroverde), en el Camino Primitivo

O Comité do Patrimonio Mundial da Organización das Nacións Unidas para a Ciencia, a Educación e a Cultura (Unesco) incluíu na Lista de Patrimonio Mundial o ben Os Camiños de Santiago do Norte Peninsular, no marco da 39 sesión celebrada en Bonn (Alemaña), segundo informou o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes.

O ministro de Educación, Cultura e Deporte, Iñigo Méndez de Vigo, destacou a "gran satisfacción que supón este recoñecemento da Unesco, principalmente porque esta candidatura española fundaméntase no esforzo conxunto e a cooperación realizada por cinco comunidades autónomas (A Rioxa, Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia) e o Estado, a través do ministerio".

Méndez de Vigo felicitou "aos equipos técnicos do Ministerio e das comunidades autónomas, lideradas neste caso pola Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, por un traballo ben feito".

O Camiño de Santiago foi declarado en 1987 primeiro itinerario cultural europeo. En 1993, a Unesco recoñeceu o camiño francés. Agora, recoñécense outras catro rutas.

Trátase do Camiño Primitivo, que se inicia en Oviedo; o Camiño da Costa, de 936 quilómetros de lonxitude; o Camiño vasco-rioxano, que comeza en Irún; e o Camiño de Liébana, ramal que une o Camiño co mosteiro de Santo Toribio.

Comentarios