Lara Álvarez, tras rachar con Alonso: "Estou zen"

A que foi noiva do campión de Fórmula Un prepárase para a nova edición de 'Supervivientes'
Fernando Alonso y Lara Álvarez paseando en la previa de un Gran Premio de F1
photo_camera Fernando Alonso y Lara Álvarez paseando en la previa de un Gran Premio de F1

Queda pouco para que faga as maletas e marche a Honduras a preparar a estrea da nova edición de 'Supervivientes', o seu novo reto televiviso, que previsiblemente arrinca o xoves 21.

Lara Álvarez, asturiana de 29 anos, afronta este reto con máis forzas que o ano pasado, pero tamén máis delgada. Acaba de romper con Fernando Alonso, a quen se vincula agora coa espectacular modelo rusa Viki Odintcova, de 21 anos. Lara non perde o sorriso, móstrase positiva e, tras as súas relacións co propio piloto, o futbolista Sergio Ramos e Dani Martínez, entre outros, aínda cre no amor de película, como o dos seus pais, di. Mentres o espera, asegura que está "moi zen" e moi animada en declaracións a El Mundo.

"É a miña vida", di cando lle insisten nos motivos da súa ruptura con Alonso.

Comentarios