O sinal de Popular TV apágase

Os membros da xunta de accionistas de Popular TV decidiron suspender as emisións da cadea autonómica. A dirección, formada polos bispos das cinco dioceses galegas e que conta tamén cunha participación minoritaria do Grupo Cope, tomou esta decisión debido á imposibilidade económica de manter o proxecto.

A falta de investimento publicitario por parte do sector privado e os limitados ingresos de publicidade institucional fan inviable un proxecto que se iniciou fai 7 anos coa concesión da licenza polo goberno da Xunta de Galicia.

Popular foi unha das dúas licenzas adxudicadas no ano 2005. Foi a primeira cadea privada de Galicia en iniciar as súas emisións o 9 de outubro do 2009. Deixará de emitir o seu sinal e os seus traballadores, un equipo  formado por unha  vintena de profesionais entre empregados e colaboradores, deixarán os seus postos o 31 de xullo.

Comentarios