A xornalista de La Sexta Cristina Pardo cóase no primeiro tomo da nova colección de Marvel do Capitán América por obra e graza do debuxante albaceteño Jesús Saiz, que é o encargado de dar vida no papel ao guión de Nick Spencer. A presentadora de Al rojo vivo dá así o salto ao mundo do cómic da man dun superheroe de tirón internacional e faino manténdose fiel á súa condición de comunicadora, xa que aparece na historia como reporteira baixo o nome de Christine Brown.
Pardo segue así os pasos de Paco Marhuenda, que tamén tivo un cameo como Frank Marhuender nunha das aventuras do xusticeiro. Mentres que o personaxe dela informa dos ataques de Hydra, a banda terrorista contra a que loita o Capitán América, o do tertuliano interveu no seu día como un especialista en ética que colaboraba cos medios de comunicación, un papel que tamén recorda ao que desempeña na vida real.
Hola @cristina_pardo, no sabía que hicieras doblete en los cómics de #CaptainAmerica 'Christine Brown' :))) @Marvel pic.twitter.com/48bNPnd6i8
— Carles Cuevas (@carlescuevas) 26 maio 2016