'La noche en 24 horas' prescindirá de Alfonso Rojo

O xornalista é despedido de RTVE logo de coñecerse a condena por insultar a Pablo Iglesias
Alfonso Rojo, en una imagen de archivo
photo_camera Alfonso Rojo, en una imagen de archivo

Alfonso Rojo foi despedido de TVE, onde participaba como tertuliano en La noche en 24 horas. A noticia salta unha semana despois de coñecerse a condena correspondente a un delito de intromisión á honra que lle obriga a pagarlle 20.000 euros ao líder de Podemos Pablo Iglesias por insultalo a través de Twitter e nos faladoiros de La sexta noche e El Cascabel.

Eco diso fíxose o exdirector e expresentador do espazo Xabier Fortes, quen explicou en en tuit que Rojo non o tomou "moi ben".

"Uyy. Dinme que Alfonso Rojo non se tomou moi ben que ata TVE prescinda das súas 'análises' tras ser condenado xudicialmente...", escribía en Fortes, quen tamén é responsable do Consello de Informativos da cadea pública. 

A decisión non é definitiva pero todo parece indicar que Rojo non volverá colaborar no espazo de TVE, que agora dirixe e presenta Víctor Arribas. A súa cadeira ocuparaa un Pepe Oneto, que volve aos faladoiros televisivos. 

Comentarios