A Forta lanza a campaña 'Lo veo' para pór en valor as canles autonómicas

A campaña foi presentada en Santiago pola presidenta, Carmen Amores, e por Alfonso Sánchez Izquierdo (CRTVG)
Sánchez Izquierdo y otros miembros de la Forta
photo_camera Sánchez Izquierdo y otros miembros de la Forta

Os servizos audivisuales públicos autonómicos de España agrupados na Forta están a levar a cada recuncho da Península a súa iniciativa 'Lo veo:) Ser diferentes nos hace únicos', unha campaña coa que pretenden pór en valor o importante papel que xogan na sociedade como impulsores da diversidade cultural e territorial, cohesionadores de territorios e identidades e difusores de valores, á vez que aproveitan para advertir dos perigos que ameazan o sector nun escenario social tan cambiante como o do audiovisual.

A iniciativa aterrou este xoves en Galicia, en concreto en Santiago de Compostela, da man da presidenta da Forta, Carmen Amores, que xunto a outros directivos do organismo e co director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, como anfitrión, destacou a importancia das televisións e radios públicas autonómicas, á que identificou como "as únicas" capaces de ofrecer contidos próximos e de proximidade. "Se non o facemos nós, ninguén o fará", asegurou Amores pondo en valor ese elemento diferenciador, que leva por exemplo a que os informativos do mediodía das canles asociadas á Forta sexan líderes nos seus respectivos territorios, pasando por encima das grandes cadeas privadas estatais.

A tamén responsable da television manchega non quixo pasar por alto que estes datos e esta posición no mercado audiovisual español conseguírona, ademais, nun contexto moi desfavorable para eles, tanto pola redución do financiamento público por mor da crise como pola caída da publicidade ou a entrada de novos actores e no mercado, que atomizan as audiencias.

De feito, tanto os responsables da Forta como os da CRTVG que presentaron 'La veo:)' coincidiron en ser especialmente críticos coa realidade actual do mercado, onde o chamado coloquialmente duopolio que exercen dous colosos como Mediaset e Atresmedia levan máis do 85% do pastel publicitario, cando en realidade a súa audiencia rolda o 65%, unha disfunción clara que a Forta avoga por corrixir a través de cambios lexislativos. Mentres non se corrixa ese desquilibrio audiencia-publicidade, o futuro dos servizos audiovisuais públicos autonómicos en España estará en perigo, xa que cada vez se afogan máis os seus recursos.

 

Comentarios