A concelleira do PSOE ribadense, protagonista do concurso 'Ahora caigo'

Cristina Losas explicou que quería o diñeiro do concurso para operarse os ollos e "os pechotes"
Cristina Losas, en 'Ahora caigo'
photo_camera Cristina Losas, en 'Ahora caigo'

A próxima concelleira socialista de Ribadeo, Cristina Losas, que polo momento non tomou posesión do seu cargo senón que o fará na próxima sesión plenaria, converteuse nunha estrela no programa de Antena 3 Agora caigo, que presenta Arturo Valls.

O programa no que participou Cristina Losas emitiuse o pasado luns. A edil presentouse como "algo rariña porque son de Madrid, de nai andaluza, pai asturiano e filla galega" e comentou que traballa de camareira e que era concelleira. A continuación, Losas indicou que co diñeiro do concurso gustaríalle tatuarse a galiña que fai de mascota de Agora caigo "e tatúoma onde ti me digas, déixoo baixo a túa responsabilidade", contestou a Arturo Valls mentres lle ensinaba a galiña que xa se pintou anteriormente nunha uña.

Pero o momento máis divertido chegou sen ningunha dúbida cando a concelleira explicou que o diñeiro tamén lle gustaría investilo en operarse a vista e "estes pechotes". A continuación mostrou a súa desinhibición comentando que tivera unha filla e que o seu pai era gandeiro "e a nena parece que tirou ao pai porque me ten espremida. Mellor dito, tenme ordeñada". 

A espontaneidade do comentario chegou a cortar incluso ao propio Arturo Valls,  que no entanto tivo tino suficiente como para conseguir sacar unha broma do asunto mentres o público non cesaba de rir. 

A presentación de Cristina Losas pódese ver na web de Antena 3. 

Comentarios