Julia Otero: "A estas alturas non teño nin unha soa célula canceríxena"

A xornalista monfortina relatou a súa experiencia coas secuelas da enfermidade: "Hai cousas moi molestas, pero estou viva"
Julia Otero. INSTAGRAM
photo_camera Julia Otero. INSTAGRAM

Julia Otero anunciou que evoluciona favorablemente do cancro: "A estas alturas non teño nin unha soa célula canceríxena". 

A monfortina, iso si, mostrouse cautelosa e expuxo a dificultade de vivir coas secuelas que lle deixaron tanto a enfermidade como o seu tratamento.

"Teño unha neuropatía periférica nas mans e nos pés que fai practicamente non teña sensibilidade. é dicir, ide con coidado comigo porque non teño tacto. No canto de cinco sentidos, quédanme catro nestes momentos", chanceou Otero durante unha entrevista concedida a Catalunya Radio. 

"Hai cousas moi molestas, pero estou ben, estou viva e estou con ganas", engadiu a xornalista monfortina, que mostrou moita cautela, a propósito que as posibilidades de recaída sempre están aí: "Xa sabemos que o cancro é unha espada de Damocles que dura cinco anos como mínimo. Polo tanto, son sempre moi prudente". 

Comentarios