Juanma Castaño abandona 'Deportes Cuatro'

O presentador levaba 13 anos na cadea de Mediaset

Juanma Castaño. EP
photo_camera Juanma Castaño. EP

O xornalista Juanma Castaño abandona Cuatro tras trece anos á fronte do informativo deportivo da cadea.

"Mediaset España pecha unha etapa con Juanma Castaño á fronte de Deportes Cuatro", anunciou o grupo de Pablo Vasile a través de Twitter, onde tamén revelou que o programa "volverá a próxima tempada con novidades nas que xa estamos a traballar".

A fría despedida por parte do grupo de comunicación parece que non sentou nada ben ao propio presentador, que formaba parte da cadea desde o seu nacemento, en 2005. "Devólvovos o agradecemento e o agarimo mostrado no voso tuit. Un saúdo e moita sorte", respondeu o xornalista asturiano que, segundo os rumores, podería incorporarse ao persoal de Movistar+.
 

Comentarios