José Mourinho non dá a súa aprobación ao noivado da súa filla

Ao mediático adestrador de fútbol non lle gusta que Matilde salga co "mullereiro" Danny Graham
Matilde Mourinho
photo_camera Matilde Mourinho

José Mourinho é tan claro na súa vida profesional como na súa vida privada. Ao adestrador de fútbol máis famoso do planeta -con permiso de Pep Guardiola- non lle agrada que a súa filla Matilde, de 19 anos, saia cun mozo británico "de boa familia pero de dubidosa reputación", segundo algúns medios. E é que Danny Graham, que así se chama o mozo, é "demasiado mullereiro" en opinión de Mourinho.

Matilde Mourinho converteuse nunha das solteiras máis cotizadas de Londres, segundo o diario Abc, que recorda que no pasado chegou a ser vencellada con Brooklyn Beckham, fillo de David e Vitoria Beckam, e con Niall Horan, do grupo One Direction.

Comentarios