Jorge Javier Vázquez substitúe a Mercedes Milá en 'Gran Hermano'

A decisión chega por "a negativa da cadea e a produtora a aumentar os custos do programa", infomar Mediaset nun comunicado

A edición número 17 de Gran Hermano, que se porá en marcha o próximo outono en Telecinco, non contará con Mercedes Milá. No seu lugar, o encargado de presentar o reallity será Jorge Javier Vázquez, segundo comunicou Mediaset nunha nota aos medios.

A decisión comunicoulla Zeppelin TV (Endemol Shine Iberica), produtora do formato, a Mediaset, segundo explica esta última na súa nota.

"A negativa de cadea e produtora a aumentar os custos do exitoso programa supuxeron a imposibilidade de asinar un novo contrato con Mercedes Milá, que xa expresara, en anteriores ocasións, o seu desexo de pechar unha etapa profesional que lle reportou moitas satisfaccións e involucrarse en novos proxectos", indica o comunicado.

Milá (1951, Esplugas de Llobregat, Barcelona) presentou todas as edicións de Gran Hermano excepto a terceira, da que se encargou Pepe Navarro.

Vázquez (1970, Barcelona), agora á fronte de Supervivientes, é tamén presentador en Telecinco de Sálvame diario e Sálvame Deluxe e foino de Acorralados: Aventura en el bosque e Hay una carta para ti.

Gran Hermano, un reallity que lanzou á popularidade a moitos dos seus concursantes e que ten unha versión Vip, comezou o casting para o seu decimoséptima edición o pasado mes de abril e está previsto que se estree no outono.

Comentarios