Jenaro Castro, premiado cunha Antena de Ouro pola súa traxectoria profesional

Bieito Rubido, Juanra Bonet ou Michael Robinson foron outros dos galardoados
Jenaro Castro. AEP
photo_camera Jenaro Castro. AEP

O xornalista lucense Jenaro Castro (Pol, 1961), colaborador do Progreso, é un dos galardoados cunha Antena de Ouro 2019, en concreto a que recoñece a traxectoria profesional.

Jaime Cantizano, Michael Robinson, Juanra Bonet, Bieito Rubido, Jesús Calleja e o Museo do Prado tamén se atopan entre os premiados, segundo fixo público a Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España. 

A asociación detallou que, no apartado de Radio, foron premiados Jaime Cantizano, presentador de Por fin no es lunes de Onda Cero; Miguel Ángel Domínguez, director e presentador da Entrevista de Radio 5; Chimo Ortega, director e presentador de Como una seda de Capital Radio; Andrés Arconada, director e presentador de Es Cine de Es Radio; Javi Nieves e Mar Amate, presentadores de Buenos días Javi y Mar de Cadena 100, e Michael Robinson, polo seu programa Acento Robinson da SER. 

En relación co ámbito da Televisión, os galardoados nesta edición foron Juanra Bonet, presentador de Boom de Antena 3; Isabel Jiménez, presentadora do informativo de mediodía de Telecinco; Jesús Calleja, director e presentador de Volando Voy de Cuatro; Ana Belén Roy, polo seu labor en La Tarde en 24 Horas, e Alfonso Arús, presentador de Arusitis da Sexta. 

Doutra banda, o premio Traxectoria Profesional recaeu no lucense Jenaro Castro e Ramiro López; mentres que no apartado de Empresas recoñeceuse a Vichy Catalán. 

Así mesmo, nas apartado Autonomías, o galardón foi para La 7, Televisión Autonómica de Murcia, mentres que as Antenas Extraordinarias foron a parar a Radio Inter, na súa 70 aniversario; Bieito Rubido, director de ABC, e Museo do Prado, no seu 200 aniversario. Na categoría de Hispanoamérica foi premiado Jorge Garralda, de TV Azteca, e na de Prensa Dixital a María Claver, de Okdiario. 

O acto de entrega dos galardóns terá lugar o 16 de novembro, ás 20.00 horas, no transcurso dunha cea de gala no Gran Casino de Aranxuez. 

Comentarios