Jenaro Castro entra o Consello de Administración de RTVE

O xornalista de Pol aposta por unha televisión pública que sirva como "punto de encontro da pluralidade obxectiva e a democracia"
Jenaro Castro. AEP
photo_camera Jenaro Castro. AEP

O polense Jenaro Castro Muiña pasará a formar parte do Consello de Administración de RTVE despois de que o PSOE, PP, Unidas Podemos e RTVE alcanzasen un acordo sobre a conformación para a dirección da corporación de radio e televisión públicas.

O xornalista entrou en TVE en 1990. Desde entón, foi editor e presentador dos telexornais en diferentes momentos e en 2012 foi nomeado director de informativos non diarios de TVE, así como director e presentador do programa Informe semanal, posto que ocupou ata agosto de 2018.

Na súa comparecencia dixo que TVE non debía ser "un campo de batalla política, senón o punto de encontro do servizo público, a pluralidade obxectiva e a democracia", e que RTVE non podía ser "un pozo de gasto sen fondo nin criterio" que non debía demonizar a produción externa se achega calidade a prezo de mercado.

Figura no posto 38 da lista dos expertos.